A provincia segue contendo o virus

RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa
Na provincia, este luns os casos activos sitúanse en 1.767, que son 96 menos que onte. Na xornada anterior o ascenso foi de 94.
covid cribado pcr
8 Feb 2021

A provincia de Lugo continúa deixando atrás o pico da curva ao reducir a incidencia da covid.

Así, este luns os casos activos sitúanse en 1.767, que son 96 menos que onte. Na xornada anterior o ascenso foi de 94.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 50 casos novos (onte foron 88) e as altas chegaron ás 8.960, 145 en 24 horas, o día anterior foron 184.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.915 casos rexistrados e 182 persoas falecidas, dúas máis dende onte, dous homes de 89 e 87 anos que morreron no Hula, o segundo procedente da residencia de maiores de Sarria.

A presión hospitalaria sobe. Nas UCI hai un casos máis, 29 en total, dous deles na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 68 persoas (2 máis que onte), 43 no hospital de Lugo (1 menos), 6 na Mariña (2 máis) e 19 en Monforte.

POR COMARCAS

Terra Chá

Mentres Vilalba continúa controlando o virus Gutiriz sobe o número de casos debido a un gromo.

  • Vilalba rebaixa 2 ata 178 positivos.
  • Nova subida para Guitiriz, 9 casos máis que onte para chegar a 32.
  • Cospeito debuta con 13 casos.
  • A Pastoriza mantén 11.
  • Outeiro de Rei mantén 12.
  • Begonte segue con 16.
  • Castro de Rei rebaixa 4 casos ata 19.
  • Friol retrocede ata 10, restando un positivo.
  • Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes seguen en retroceso con 6 casos menos ata 59.

A Mariña

A situación na Mariña mantense controlada.

  • Viveiro segue á baixa con 75, 5 menos.
  • Xove mantén 16.
  • Burela rebaixa 3 positivos máis e son 23.
  • O Vicedo ten 20 os enfermos.
  • Cervo e Foz rebaixan un e quedan en 11.
  • Ribadeo rebaixa 2 19.

Centro da provincia

Lugo segue á baixa ao igual que Palas de Rei, mentres o resto dos máis afectos continúan estables.

  • Importante descenso en Lugo en 17 casos ata 389.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 4 menos e 46 en total.
  • Monterroso segue en 16.
  • Portomarín mantén 13 afectados.
  • Guntín tamén mantén 11 casos.
  • Becerreá rebaixa 1 e son 11 .
  • Castroverde mantén 19 en total.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

Sarria segue á baixa e estabilidade no resto.

  • Sarria rebaixa a 93 contaxios, 11 menos.
  • Láncara mantén 18.
  • Paradela tamén segue con 11 casos.

Ribeira Sacra

Monforte e Quiroga certifican dúas baixadas importantes nunha comarca á baixa a nivel xeral pero con algún crecemento lento en concellos como Sober e Taboada.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 183 casos, 12 menos que onte.
  • Quiroga segue en descenso con rebaixa da centena con 59, 20 menos que onte.
  • Caída en Chantada que rebaixa 4 e xa son 34.
  • Taboada queda en 13.
  • O Saviñao segue con 26 contaxios.
  • Pantón rebaixa a 19, 4 menos.
  • Pobra do Brollón segue con 15.
  • Sober segue con 12 casos.
0.15496110916138