A quedada de Nadal do club Coyote Pedal celebrarase este sábado cunha saída desde o Teleclub de Bazar

O colectivo Coyote Pedal organiza este sábado 20 de decembro unha nova edición da súa quedada de Nadal, unha xornada deportiva e festiva que terá como punto de saída o Teleclub de Bazar ás 9.30 horas. A iniciativa convida ás persoas participantes a acudir os vestiarios coyote, nun ambiente lúdico propio das datas do Nadal.
Segundo informa a organización, tras a saída baixarase ao Teleclub e realizarase unha ruta adaptada ao grupo, cun regreso previsto arredor das 13.00 horas. Ao remate da actividade está previsto compartir algo para picar, aínda que desde Coyote Pedal lembran que é necesario coñecer previamente o número aproximado de asistentes para unha mellor organización.