A recuperación do humidal das Gándaras, recoñecido pola FEMP
O Concello de Lugo recibe este martes o recoñecemento de Boas Prácticas Locais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) pola recuperación do humidal das Gándaras. A actuación recoñece o interese do proxecto elaborado polo Concello e a USC para a conservación dese espazo natural, de 5 hectáreas de extensión.
Lugo, obtivo o segundo premio na categoría de Medio Hídrico, converténdose no único municipio galego recoñecido con tal galardón.
O acondicionamento do humidal das Gándaras supuxo preservar a diversidade natural do espazo, co fin de se converter en zona de esparcemento para veciños e visitantes ao integrarse no paseo periurbano da cidade. De igual xeito, a actuación ten fins divulgativos e investigadores, xa que o espazo acolle especies de flora e fauna de interese comunitario polo seu especial valor de conservación e grao de ameaza en Europa.