A Rede Museística Provincial impulsa a difusión das súa coleccións coa plataforma Omeka

A Rede Museística Provincial reforza a accesibilidade e divulgación dos seus fondos artísticos e documentais coa implementación da plataforma de publicación web Omeka.
Para iso, formará ao seu persoal no manexo deste software libre e de código aberto, orientado a institucións culturais e deseñado para a difusión de coleccións e a creación de exposicións en liña.
Esta nova ferramenta amplía as posibilidades de acceso aos fondos museísticos, aproveitando as tarefas de dixitalización realizadas nos últimos anos.
A formación, que se impartirá os días 17 de febreiro e 10, 17 e 24 de marzo, busca reforzar as estratexias de democratización cultural, facilitando o acceso a toda a cidadanía e proporcionando unha ferramenta útil para persoal investigador.
Con esta iniciativa, a Rede Museística Provincial avanza na modernización dos seus servizos, fomentando un acceso máis aberto e inclusivo ao patrimonio cultural.