Aprobada a renovación da rúa Aquilino Iglesias

LugoXa
O Goberno de Lugo vén de aprobar a renovación da rúa Aquilino Iglesias Alvariño , na contorna de Lamas de Prado, así o anunciou Rubén Arroxo.
Ruben Arroxo Lamas de Prado
29 Dec 2022

O Goberno de Lugo vén de aprobar a renovación da rúa Aquilino Iglesias Alvariño , na contorna de Lamas de Prado, así o anunciou Rubén Arroxo. Arroxo explicou que “continuamos coa renovación integral da contorna de Lamas de Prado, que comezou coa renovación da rúa principal, e que continuará coa mellora de todas as rúas perpendiculares”.

A renovación desta rúa incluirá a mellora das actuais zonas peonís, con novo mobiliario urbano e ampliando o número de árbores instaladas nesta rúa. Os pasos de peóns elevaranse, "avanzando tamén no calmado do tráfico en toda a cidade, unha das solicitudes que cada vez realizan máis veciñas e veciños de Lugo", explicou o Tenente Alcalde.
O alumeado público da rúa renovarase, avanzando na implantación de luminarias LED de baixo consumo, e engadindo novos puntos de luz nas beirarrúas e na zona de xogos que actualmente non contan con alumeado, "eliminando as zonas escuras da rúa", afirmou Arroxo.

O Tenente Alcalde afirmou que “desde o Goberno de Lugo seguimos actuando nunha zona da cidade que require de moitas melloras no espazo público”. Unha vez os traballos den comezo, a empresa axudicataria terá un prazo de 6 meses para completar a renovación da rúa.

0.13367104530334