A renovación dos bancos de zonas urbanas continúa en Lugo

LugoXa
El área de movilidad e infraestructuras sigue renovando los bancos de las zonas urbanas de Lugo. En total se renovarán 70 unidades.
Bancos ronda Muralla
24 Feb 2022

A renovación dos bancos de zonas urbanas continúa na cidade de Lugo. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo explicou que “comezamos cunha intervención que mellorará enormemente a imaxe da cidade e garantirá que as veciñas e veciños poidan desfrutar dunhas instalacións públicas de calidade, unha intervención que ademais supón un custo moi baixo para o concello”.

Os traballos comezaron na zona centro da cidade, e expandiranse nos vindeiros días ao resto da zona urbana. En total actuarase en 70 bancos, nos que se realizarán traballos de lixado e preparación de listóns para aplicar aplicar un novo produto protector para a madeira, o que permitirá unha boa durabilidade da actuación realizada.

"Esta actuación complementa ao traballo realizado pola brigada municipal de vías e obras, que realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", lembrou o Tenente Alcalde, que puxo en valor o traballo da Brigada, “moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade”, afirmou Rubén Arroxo.

0.20939207077026