A representación lucense triunfa no Campionato de España CESA de boxeo

LugoXa
Os dous representantes do Boxing Club Cidade de Lugo conseguiron dous metais na competición
representante_boxing_club_nijar
1 Xul 2024

Un total de 150 nenos e nenas de entre 11 e 14 anos, categorías infantil e cadete, déronse cita no Campionato de España CESA de boxeo (Campionatos en Idade Escolar por Seleccións Autonómicas) na localidade almeriense de Níjar, sendo este o campionato nacional desta categoría con maior afluencia da historia. José Luís Álvarez, adestrador do Boxing Club Cidade de Lugo foi un dos técnicos da selección galega.

Os dous representantes do Boxing Club Cidade de Lugo conseguiron dous metais na competición. Uxue Poña proclamouse subcampioa de España na categoría cadete feminino tras perder por puntos ante a representante de Andalucía, Irene Bolaños.  Osmel Alonso conseguiu un terceiro posto na categoría cadete masculino, tras perder por puntos en semifinais ante o representante de Andalucía, Alejandro Fernández. A representación feminina da selección fixo a Galicia campioa por equipos na categoría cadete feminino, algo que sucede por primeira vez na historia.

0.12917113304138