A residencia das Gándaras celebra a súa Festa do Verán con música, teatro e maxia

A residencia pública autonómica das Gándaras, en Lugo, celebra este martes a súa tradicional Festa do Verán cun completo programa de actividades pensado para o desfrute de todos os seus usuarios
. O centro acolle actuacións tanto en horario de mañá como de tarde, cunha oferta variada que inclúe música, teatro e espectáculos de maxia.
A xornada comezou coa actuación da coral da propia residencia, que abriu a celebración cun repertorio de pezas populares. A continuación, o mago David Méndez percorreu diferentes espazos do centro ofrecendo funcións adaptadas aos residentes.
Xa pola tarde, tras o xantar, será a quenda da compañía Toliños polo Teatro, que representará a obra Os cravos de prata. O broche final á festa porao a cantante Verónica Cambón cun concerto especial.
Desde a dirección do centro destacan a importancia destas actividades para dinamizar a vida diaria dos residentes e reforzar os vínculos comunitarios, ao tempo que se promove a cultura e o entretemento nun entorno accesible e inclusivo.