A residencia de maiores da Deputación en Pol festexa o seu cuarto aniversario

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Residentes e traballadores da residencia de maiores da Deputación en Pol festexan o cuarto aniversario do centro
aniversario residencia maiores pol
3 Xuño 2023

Usuarios, usuarias e persoal do Centro de Atención a Maiores (CAM) de Pol celebran esta semana o cuarto aniversario da residencia.

Entre as actividades organizadas, os residentes fixeron un bingo musical, talleres culinarios, unha cata sorpresa e unha formación de macetas coas familias.

Este venres gozaron da música e do baile coas Mulleres Rurais cunha saída á carballeira. Tamén esta fin de semana o CAM Manuel Villasol de Pedrafita do Cebreiro celebra o segundo aniversario.

0.1852490901947