A revista Micolucus achegará a micoloxía de Lugo a diferentes países de Europa

LugoXa
La octava edición de la revista Micolucus presentará la micología de Lugo a Italia, Reino Unido, Polonia, Alemania, etc.
Presentación número 8 Micolucus
22 Dec 2021

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso, presentaron este martes no Pazo de San Marcos a oitava edición da revista Micolucus, da que se fixeron 900 exemplares e que conta cunha achega da Deputación de Lugo de 3.500€.

García Porto destacou que esta publicación anual “leva o nome de Lugo a centros de investigación de 14 países, entre eles, Italia, Francia, Reino Unido, Alemaña ou Polonia” e que “pon en valor o coñecemento da micoloxía, a natureza e o medio ambiente na provincia”. A responsable provincial loou tamén o rigor científico da revista de corte multidisciplinar “que está composta por artigos dunha alta calidade informativa elaborada por profesionais recoñecidos”.

A publicación incorpora artigos sobre as Reservas da Biosfera, nos que se difunde información sobre a actividades e accións que se desenvolven neste territorio.

A Sociedade Micolóxica Lucus celebra este ano o seu vixésimo aniversario e forma parte dos órganos de participación das Reservas da Biosfera do Miño e Ancares, xestionadas pola Deputación de Lugo. Fundouse en 2001 pola iniciativa dun grupo de afeccionados á micoloxía e cos obxectivos de fomentar os valores naturais lucenses e achegar esta ciencia á cidadanía coa posta en marcha de cursos de micoloxía.

0.1881468296051