A Rolda Leste, un proxecto controvertido
A Xunta somete a información pública o proxecto da Rolda Este de Lugo, que segue o trazado marcado polo PXOM e "atende unha vella demanda da cidade cun investimento autonómico de 19,6 M€". A conselleira de Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez, co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentaron a actuación coincidindo con este novo avance administrativo no proxecto, tras a aprobación provisional do trazado a finais de febreiro.
Ethel Vázquez detallou que esta nova actuación da Xunta na cidade define unha vía de novo trazado de case 2,9 km que se inicia onde finaliza a actual Rolda Leste, na glorieta coa LU-530, e irá ata a ligazón coa N-VI. Sinalou que "será unha infraestrutura en sección autovía con calzadas separadas pola que se poderá circular a un máximo de 100 km,/hora". A nova infraestrutura manterá unha sección moi similar ao treito que xa está en servizo: con 2 carrís por sentido de 3,5 metros cada un; beiravía interior de 1 metro; e exterior de 2,5 metros, ademais da mediana de separación.
O trazado terá unha pendente máxima do 5% e inclúe 2 pasos superiores; 3 pasos inferiores; ademais dos camiños de servizo a ambas marxes da nova vía ao longo de 3 km de lonxitude. Duas desas estruturas serán singulares, pola súa funcionalidade: o paso inferior para salvar a vía do tren; e o viaduto que permitirá superar o val do Rato e desembocar na rotonda da avenida de Madrid. Neste caso será un viaduto de 120 metros de lonxitude sobre a canle e o parque do río Fervedoira, que se optimizou sobre a súa formulación inicial reducindo a súa lonxitude para minimizar afeccións.
Segundo Ethel Vázquez a vía terá aínda unha maior funcionalidade que o treito xa en servizo de 2,4 km de lonxitude en sección autovía, que discorre entre a N-640 e a LU-530, e polo que circulan entre 6.000 e 8.000 vehículos/día. Así dixo, "a intensidade media estimada de tráfico da nova vía será de 11.000 vehículos días, podendo chegar a conseguir no futuro 14.000 vehículos/día".
Desde o Psoe siguen demandando esa infraestrutura xa que entenden que é “necesario para pechar esa circunvalación que rodea a cidade e evitar tránsito rodado polas zonas urbanas” e queren “buscar unha conciliación entre unha infraestrutura necesaria para a cidade e todo o paraxe natural” segundo declarou Lara Méndez.
Segundo información da actual alcaldesa os socialistas pasarán a estudar o proxecto dende todos os servizos afectados e presentarán “as alegacións oportunas e pertinentes para que non destrúa a paisaxe natural pero na procura desa nova infraestrutra”.
Para o BNG este proxecto terá unha importante afectación na biodiversidade da contorna do Río Rato e a destrución de máis dun kilómetro de terreo que da forma ao cinto verde de Lugo por eso o responsable local do BNG, Felipe Rivas, anunciou que dende o partido nacionalista formarán parte da plataforma Salvemos o Rato, constituída por preto de 10 colectivos e que ten como obxectivo reclamar un novo trazado para a Rolda Leste que non afecte ao actual paseo do Rato. Rivas explicou que “desde o BNG compatibilizaremos a nosa campaña informativa sobre o trazado da Rolda Leste coas actividades que desenvolva esta plataforma”, e engadiu “o obxectivo común é defender o Parque do Rato, un territorio privilexiado da contorna de Lugo”.
Rubén Arroxo declarou que "a candidata do PP segue empeñada e dando pasos para a destrución do que é unha das zonas verdes de Lugo máis concurridas e parece que ninguén lle fai ver a realidade comentada por gran parte dos e das lucenses" dixo Arroxo que engadiu "este trazado corresponde a unha obra de fai 20 anos que pretende encher de cemento e asfalto á beira do río Rato e incomunicar parroquias como Bosende ou Barbaín e unha grande parte de Lugo". Para o BNG "tratase dunha obra innecesaria na que se van malgastar moitos millóns de euros".
O colectvio ecoloxista Adega tamén da resposta a construción desta infraestrutura e lanza a campaña Salvemos o Pulmón Verde de Lugo coa que se pretende "denunciar e dar a coñecer á veciñanza os graves impactos que esta infraestrutura, que consideramos innecesaria, vai producir sobre o val do río Rato". A través desta campaña tamén se pretende "poñer en valor os servizos ecolóxicos e sociais que esta zona achega á cidade".
A construción da Rolda Leste "suporá a destrución de case dúas hectáreas de arborado autóctono, recluirá os núcleos de poboación de Bosende e Barbaín entre dúas autoestradas (a A6 e a Rolda Leste) e destruirá unha zona de alto valor paisaxístico da que fan uso multitude de persoas, tal e como se recoñece no Plan de Mobilidade do Eixo Atlántico de 2021" declaran dende Adega.