A rúa Dinán conta cun novo paso de peóns

LugoXa
La calle Dinán de Lugo cuenta con un renovado paso de peatones que conecta el parque infantil con el Camino de Santiago.
paso peons dinan ruben arroxo
21 Xan 2022

A rúa Dinán conta cun novo paso de peóns que unifica os parques infantís co Camiño de Santiago.

A acción enmarcase, xunto co novo paso de peóns que se fará en San Eufrasio, na estratexia iniciada pola área de mobilidade e infraestruturas de achegar os espazos de xogo infantil e o camiño de Santiago dun xeito seguro. Despois de materializar pasos de peóns elevados no entorno dos centros escolares da cidade a área de mobilidade e infraestruturas está a dotar as contornas dos parques infantís e do Camiño de Santiago e pasos seguros para as persoas.

A empresa OVISA será a encargada de executar as obras dos pasos de peóns elevados que nas rúas Dinán e San Eufrasio cun orzamento que ronda os 20.000 euros. “Foron moitas as persoas que están demandando a construción deste paso elevado e que dende o concello de Lugo imos a facelo canto antes para cumprir co noso obxectivo de reducir o número de accidentes e facer de Lugo” sinalou Rubén Arroxo que engadiu "tratase doutra actuación máis nesta zona na que se corrixiu o sentido de circulación do tráfico, se fixo unha dársena para o bus urbano e se incrementaron considerablemente as prazas de aparcamento".

0.094161033630371