A rúa do Esquecemento de Lugo xa ten outra cor

LugoXa
A rúa do Esquecemento rematou as súas obras de peonalización, así coma os graffitis levados a cabo pola xuventude participante do Urban Cores.
lugo rua esquecemento graffiti
2 Xul 2021

A rúa do Esquecemento xa rematou as súas obras de peonalización, así coma os graffitis levados a cabo pola xuventude participante do Urban Cores. Así pois, a rúa converteuse nunha zona peonil pavimentada con formigón impreso con estética de madeira, que acolle un dos primeiros parklet que se están a instalar na cidade (xa se colocou outro no canil das Estantigas). Con este tipo de estruturas búscase ampliar o espazo dos peóns, así coma aumentar as zonas verdes da cidade.

Pero, ademais, a transformación da rúa vén tamén da man da mocidade que está a participar no primeiro programa Urban Cores e que está destinado ao embelecemento da cidade pero plantexado como un recurso lúdico-formativo dirixido á xuventude máis vulnerable.

A rúa do Esquecemento foi un dos lugares elixidos para programar actividades e talleres de graffiti nos que os mozos e mozas participan nas obras e comparten experiencias cos artistas invitados, unha representación das e dos artistas máis puxantes de Lugo e Galicia.

O éxito foi tal que a veciñanza comezou a ceder máis paredes das súas propiedade na mesma rúa para que se amplíen os muros nos que inicialmente estaba previsto actuar.

rua esquecemento lugo graffiti
rua esquecemento graffiti lugo
0.11641097068787