A rúa Trapero Pardo abrirá o tránsito de vehiculos á avenida de Breogán

LugoXa
Os  veciños e veciñas da rúa Trapero Pardo e arredores levan tempo demandando a apertura do viario coa Avenida de Breogán e Avenida das Américas que actualmente está pechada cunha barreira de seguridade xa que a súa saída era cara a estrada N-VI.
2 Xan 2023

Os  veciños e veciñas da rúa Trapero Pardo e arredores levan tempo demandando a apertura do viario coa Avenida de Breogán e Avenida das Américas que actualmente está pechada cunha barreira de seguridade xa que a súa saída era cara a estrada N-VI.

Tras unha reunión cos veciños a alcaldesa comprometese a executar esta actuación e lembrou que agora pode ser unha realidade unha vez que este ramal da N-VI foi cedido ao Concello de Lugo tras as xestións realizadas pola propia alcaldesa co Ministerio de Fomento, polo que pasou xa a integrarse como vía urbana.

Esta apertura é unha insistente petición da veciñanza da zona, e Méndez sostivo “que se traballará para facilitar o tránsito de vehículos como nos están a solicitar”, e especialmente, apuntou, “se terá en conta que se poida realizar garantindo a máxima seguridade viaria”.

“Esta actuación vai a permitir o tránsito de vehículos, tal e como nos solicitou a veciñanza, sempre garantindo a máxima seguridade viaria que é un do obxectivos, ademais de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas da cidade, dando a opción de utilizar percorridos máis curtos cos que, por unha banda, contribuímos a mitigar o efecto contaminante e por outra, minoramos o tránsito rodado das vías máis urbanas” explicou a alcaldesa.

A rexedora mantivo a xuntanza no centro social Leiras Pulpeiro, onde escoitu tamén outras suxerencias para a mellora da zona, e logo trasladouse cos participantes ata o espazo pechado para ver ‘in situ’ a área que se vai reordenar.

0.11489915847778