A Ruta do Camiño de Santiago nos Ancares

LugoXa
O itinerario desta ruta, que pode facerse a pé, en bicicleta ou a cabalo, comeza en Pedrafita
ruta_pedrafita_Ruta-do-Camiño-de-Santiago-nos-Ancares__
Imaxe da ruta
12 Out 2024

O itinerario desta ruta, que pode facerse a pé, en bicicleta ou a cabalo, comeza en Pedrafita. Pola N-VI, no quilómetro 433, encóntrase a vila, o centro neurálxico deste municipio e desde onde parte o percorrido para chegar ao Cebreiro onde se comunica co Camiño Francés que seguirá ata o seu remate en Fonfría, núcleo que conserva a igrexa de San Xoán do século XVI. Trátase dun camiño moi recomendable tanto para os amantes do sendeirismo e dos paraxes naturais coma para aqueles que buscan achegarse e coñecer a espiritualidade e a arquitectura da Ruta Xacobea neste concello.

Despois dos 5 quilómetros da primeira etapa (Pedrafita-O Cebreiro), na que pode aproveitarse para visitar a área recreativa de Val de Cabrita, os miradoiros de Pedrafita e do Cebreiro ou o conxunto etnográfico do Cebreiro, o camiñante diríxese dende o Cebreiro a Liñares para rematar o seguinte tramo (O Cebreiro-Liñares-Hospital) que comprende uns 6 quilómetros.

Neste punto, encóntrase o alto de San Roque, monumento ao peregrino, e a igrexa de San Xoán de Hospital da Condesa do século XII. A terceira etapa (Hospital-Fonfría), que pasa por Padornelo, onde tamén se pode contemplar a súa igrexa, ten unha duración moi semellante. Dende o punto de vista da natureza, é a viaxe perfecta para desfrutar das fantásticas vistas panorámicas ao longo do seu percorrido, xa que se pode divisar a Serra dos Ancares ou a do Courel e a comarca do Bierzo. Por outra banda, hai que destacar que pasa polo Alto do Poio, o punto máis alto do Camiño Francés.

Dende un punto de vista espiritual e arquitectónico, o camiñante contemplará as igrexas e ermidas coa típica arquitectura da montaña lucense; as pallozas, vivendas prerrománicas que se conservan en perfecto estado no Cebreiro, así coma tamén os hórreos típicos e monumentos que se erixiron na honra á peregrinación a tumba do apóstolo Santiago. Entre estas xoias arquitectónicos chama especialmente a atención a Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro que se remonta ao século IX e é considerada o monumento máis antigo de todo o itinerario francés.

Como valor engadido pódese degustar a impresionante gastronomía da comarca, como son o queixo do Cebreiro e pratos que levan como base este ou elaboracións con produtos derivados da carne de porco ou de tenreira. Como complemento deste percorrido, pódese realizar a Ruta do Lago Maior, dun 2 quilómetros, ou da Ruta do Milagre, que comprende uns 6 quilómetros e medio de viaxe.

0.065339088439941