A Ruta Trotamontes de Pol regresará o 4 de abril

Os club Trotamontes de Pol dará continuidade á súa cita anual coa celebración da XVII ruta o sábado 2 de abril arrancando desde Mosteiro, unha cita que reúne todos os anos arredor de 150 participantes.
A ruta, que adoita ter uns 90 quilómetros, discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello e doutros dos arredores, utilizando vías asfaltadas tan só para facer cruces ou como enlace entre tramos.
As inscricións poden facerse a través de Facebook ou no email trotamontespol1@gmail.com, pero o prazo aínda non está aberto.
O programa arrancará ás 7.30 horas coa recollida de dorsais para celebrar ás 9.00 a saída. Pararase ás 11.00 para un café e para xantar ás 14.00. A hora de remate da ruta é ás 19.00 e convocouse a cea para as 20.30.
A partir das 23.00 horas está prevista unha actuación da discoteca móbil de Hermo.