A sala Pepa Arte de Lugo acolle a exposición 'Caja de Pandora'
LugoXa
O gravador e ilustrador Mariano Castillo volve presentar os seus traballos en Galicia
5 Nov 2024
A sala Pepa Arte de Lugo acolle a exposición 'Caja de Pandora' do gravador zaragozano Mariano Castillo, que consta dunha colección de acuarelas.
O gravador e ilustrador volve presentar os seus traballos en Galicia, como xa fixo coa serie de gravados baixo o título de 'Casa de luz', dedicada aos faros da costa galega que se mostrou na Coruña, Vigo ou Ferrol.
Nesta ocasión, 'Caja de Pandora' son obras nas que o artista desenvolve a súa visión actual da sociedade e poderá visitarse ata o vindeiro 30 de novembro. Ademais, o día 23 impartirá un cursillo de iniciación ao gravado.