A SCD Milagrosa organiza un campus de verán neste mes de xuño
A SCD Milagrosa realiza un campus de verán do 23 ao 27 de xuño con horario de 9.00 a 20.00 horas -opción de madrugadores de 8 a 9 horas-.
O campus está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos e están programadas diferentes actividades a realizar coma fútbol, multideporte, convivencia, aventura, esgrima, escalada e piraguas, entre moitas outras. Por esta razón, o campus desenvolverase en diferentes espazos; no campo de fútbol Luis Gorgoso, na Cheda, na Casa do Deporte, na piscina de Frigsa, no rocódromo Pazo de Feiras, no río Miño e tamén se levará a cabo unha viaxe a Cerceda.
A inscrición está aberta ata o propio día de inicio e hai prazas limitadas. O prezo é de 125 euros e, no caso de participación de irmáns, farase un desconto de 50 euros. Para máis información ou para inscribirse pódese contactar nos teléfonos 627 405 366; 667 346 693 ou no 982 160 503.