A Schola Gregoriana Lucensis organiza o VI Memorial en homenaxe ao seu fundador

LugoXa
A cita terá lugar na igrexa A Nova de Lugo e contará co Coro de Voces Graves, de Vigo, e a coral Estelas do Mar, de Mugardos
Memorial-Schola-Gregoriana-xunta
25 Nov 2024

A Xunta de Galicia colabora coa Schola Gregoriana Lucensis na organización do VI Memorial en homenaxe ao seu fundador, José López Veiga, que se celebrará o próximo día 30 de novembro.

O concerto foi presentado na Delegación Territorial coa participación do delegado territorial de Lugo, Javier Arias; Manuel Rodríguez, presidente do coro; Serafín Rodríguez, vicepresidente; e Manuel García, secretario.

A cita terá lugar na igrexa A Nova de Lugo; o concerto dará comezo ás 20.30 horas e contará coa intervención do conxunto lucense xunto co Coro de Voces Graves, de Vigo, e a coral Estelas do Mar, de Mugardos. Cada unha interpretará cinco pezas de música sacra e polifonía variada do seu repertorio. Previamente, ás 20.00 horas, celebrarase unha misa cantada.

A Schola Gregoriana Lucensis fundouse no ano 2009 e foi o primeiro coro seglar de canto gregoriano que houbo en Galicia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18590593338013