A SD Pol abre o prazo de inscrición para o fútbol base da tempada 2025-2026

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O club conta cun equipo de adestradores titulados e con ampla experiencia
futbol-base-sd-pol
28 Jul 2025

A SD Pol vén de abrir o período de inscrición para o seu fútbol base, dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2012 e 2019. A entidade convida ás familias a formar parte dun proxecto deportivo que aposta pola formación integral dos máis pequenos, nun entorno próximo no que se destacan os valores, o compañeirismo e o crecemento persoal a través do deporte.

O club conta cun equipo de adestradores titulados e con ampla experiencia, garantindo unha aprendizaxe adaptada e de calidade para todas as idades.

As persoas interesadas poden contactar a través das redes sociais do club ou directamente co coordinador, Luis, no teléfono 661 46 43 29. Desde a SD Pol lembran que estarán encantados de resolver calquera dúbida, sen compromiso.

⚙ Configurar cookies
0.19010400772095