A SD Pol creará un equipo filial e impulsará a canteira para esta tempada

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O encargado do novo proxecto será Luis Romay, que vén de dirixir o equipo xuvenil do CD Castro
presentacion-equipo-filial-sd-pol
24 Jul 2025

A SD Pol vén de dar a coñecer o novo proxecto do equipo filial, unha firme aposta pola base e polo futuro deportivo da entidade. A iniciativa, que nace coa vontade de consolidar unha estrutura sólida e con continuidade, estará encabezada por Luis Romay, que tamén asumirá a coordinación do fútbol base.

Romay, veciño de Pol e profundo coñecedor da contorna e dos valores do club, chega tras dirixir o equipo xuvenil do CD Castro e acumular experiencia en diferentes funcións noutros clubs da comarca. Desde a directiva transmítese plena confianza no seu traballo e capacidade para liderar esta nova etapa.

O obxectivo principal deste proxecto é reforzar a canteira, promover o talento local e construír un modelo deportivo con raíces na comunidade. “Queremos que sexa un proxecto vencellado á localidade, que ilusiona á xente de aquí e abra as portas a todas aquelas persoas da contorna que desexen sumar e formar parte desta aposta”, sinalan desde a directiva.

Nos próximos días, o club anunciará os xogadores que formarán parte deste novo equipo filial, chamado a ser unha peza clave no desenvolvemento e crecemento do proxecto deportivo.

⚙ Configurar cookies
0.16936492919922