A sede da Xunta acolle unha exposición da fotógrafa veterinaria Tamara Lebón

LugoXa
A mostra está formada por 45 instantáneas que capturan momentos de conexión entre as pequenas e pequenos ximnastas e distintos animais
exposicion-veterinaria-xunta
20 Jan 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata o 31 de xaneiro a exposición Patitas y Punteras, da fotógrafa e veterinaria monfortina Tamara Lebón. O delegado territorial, Javier Arias, participou na inauguración da mostra, que pretende concienciar sobre a necesidade de coidar dos animais con responsabilidade.

Para levar adiante este proxecto, Lebón contou coa colaboración de 39 nenas e nenos ximnastas de entre 3 e 15 anos; catro refuxios e protectoras de animais – a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Adopta Friol, Arume e Fields of Freedom Animal Sanctuary - e dúas familias adoptantes.

A mostra está formada por 45 instantáneas que capturan momentos de conexión entre as pequenas e pequenos ximnastas e distintos animais que, na meirande parte dos casos, están ao coidado destes refuxios e protectoras á espera de acceder a un fogar. Tamén se lle dá visibilidade á historia de cada un dos animais para sensibilizar sobre a importancia de tratalos con responsabilidade e respecto.

0.17975807189941