A segunda edición de Primavera Voces Xoves contará con catro coros e un espectáculo de luces

LugoXa
O Coro Xuvenil de Lugo, liderado por Pablo Rico, organiza un concerto dinámico e diverso con entrada gratuíta
Festival-Primavera-de-Voces-Xoves-Coro-Xuvenil-de-Lugo
16 Mar 2026

O Coro Xuvenil de Lugo, baixo a dirección de Pablo Rico, organiza a segunda edición de Primavera Voces Xoves para este sábado, 21 de marzo, ás 18.00 horas, tras o éxito da primeira convocatoria, na que se encheu o auditorio da Xunta de Galicia en Lugo.

Este ano, os asistentes poderán reservar entrada e gozar dun concerto con catro formacións en total: dous coros infantís e dous xuvenís. Participarán o coro Esmuvi de Vilalba, o Sauti Yangu Tu de Guntín, o Xove Coro de Lugo, que se estreará oficialmente tras o seu debut en Nadal, e o propio Coro Xuvenil de Lugo.

O repertorio será variado e dinámico. O coro de Vilalba interpretará “Tataraboa” de Fillas de Cassandra, o coro de Guntín ofrecerá un percorrido de cancións africanas, o Xove Coro cantará “Diva” de Melody e “Porque no” de Lucía Pérez, e o Coro Xuvenil de Lugo pechará con “Superestrella” de Melendi e “Dancing Queen” de ABBA. Ademais, o concerto contará cun espectáculo de luces, facendo que a hora de duración sexa áxil e entretida.

0.12830400466919