As escolas de Lugo difundirán a danza coa segunda edición do seu festival

LugoXa
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo primavera e danza, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura.
Festival de Danza Concello de Lugo
15 Abr 2024

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo primavera e danza, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura.

"Renovamos o noso apoio coas escolas de Lugo para continuar a difundir a danza e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións", explicou Maite Ferreiro, que estivo acompañada por integrantes das distintas escolas de danza lucenses na presentación.

O festival celebrarase entre o 24 de abril e o 4 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da praza Maior, e rematará o 6 de maio cun espectáculo de fusión de distintos estilos, que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.00 horas.

Ferreiro afirmou que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía continúa a apoiar á danza "aumentando a nosa aposta, despois de contar cunha programación estable de danza ao longo de todo o ano".

0.097352981567383