A Sociedade Filarmónica de Lugo organiza un concerto mañá martes
O vindeiro martes 7 de febreiro o Círculo das Artes de Lugo acolle un concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo ás 20.00. Durante o concerto Isabel Villanueva e François Dumont tocarán obras de Rebecca Clarke, Johannes Brahms e Dmitri Shostakóvich.
Isabel Villanueva é unha das violistas máis valoradas e completas da actualidade, os importantes recoñecementos recibidos avalan a súa fulgurante traxectoria e a súa desbordante enerxía e talento, Premio El Ojo Crítico da Música Clásica de RNE 2015 e Premio Cultura de Música Clásica 2019 que outorga a Comunidade de Madrid, entre outros.
François Dumont, pianista, foi galardoado nos concursos internacionais máis destacados, como o Raíña Elisabeth en Bruxelas, Chopin de Varsovia, Internacional de Cleveland EUA, Clara Haskil en Suíza, Hamamatsu de Xapón, Top of the World de Noruega e o Piano Master de Montecarlo. Tamén foi nomeado para as Victoires de la Musique na categoría Solista Instrumental e recibiu o Premio Revelación da Crítica Musical Francesa.
Programa:
Rebecca Clarke (1886-1979) Sonata para viola e piano
Johannes Brahms (1833-1897) Sonata en mi bemol maior N.º 2 Op. 120
Dmitri Shostakóvich (1906 – 1975) Sonata para viola e piano Op. 147 (Op. Post)