A Sociedade Filarmónica presenta a nova tempada de concertos

LugoXa
Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Iria Castro, deputada de Cultura, participaron hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo.
presentacion nova tempada concertos filarmonica
27 sep 2023

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Iria Castro, deputada de Cultura, participaron hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo. A nova tempada contará en total con 13 concertos que se celebrarán no Círculo das Artes entre o vindeiro 20 de outubro e o 15 de maio de 2024.

Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional” e engadiu “o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo”.

A programación desta tempada conta con 13 concertos, achegando a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional. Desde a Sociedade Filarmónica de Lugo cóntase coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filharmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza, considerada a máis importante do estado en canto a calidade, ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430.

Todos os concertos do ciclo terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

O PROGRAMA

O venres, 20 de outubro, a Sociedade Filarmónica de Lugo dará comezo á que será a súa tempada de concertos número 77; tempadas que veñen sucedendo de forma ininterrumpida dende o ano 1947, alcanzando xa máis de 720 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo. Trece concertos programados de outubro a maio con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música.

Ábrese a tempada con dous concertos que ofrecerán, case de forma consecutiva, as dúas grandes orquestras da nosa Comunidade. A Real Filharmonía de Galicia actuará no Círculo das Artes o venres 20 de outubro, dirixida pola portuguesa Joana Carneiro, e una semana máis tarde, o 27 de outubro, será a Orquestra Sinfónica de Galicia a que interpretará os dous concertos para piano de Frederic Chopin, xunto co pianista e director canario Iván Martín, no mesmo escenario.

Destaca tamén a presenza na tempada da terceira gran orquestra sinfónica galega: a Orquestra Vigo 430, con dúas datas (16 de decembro e 23 de marzo). Destacar que na primeira delas Isabel Rubio dirixira a Sinfonia do Novo Mundo de Dvorak. a Real Filharmonía de Galicia será a encargada de pechar o ciclo de concertos o 15 de maio, dirixida neste caso polo violinista e director italiano Enrico Onofri.

Tamén solistas de gran prestixio internacional intervendrán na tempada, tanto con orquestras como en recitáis: a violinista francesa Sophie de Bardonnèche, o pianista Iván Martin, o percusionista Conrado Moya, o frautista André Cebrían e a violonchelista galega Alejandra Díaz serán algúns deles.

O piano será o protagonista nun recital (20 de xaneiro) a cargo do Geister Dúo, o dúo frances de referencia na interpretación do piano a 4 mans e gañador dos máis importantes Concursos Internacionais de piano a 4 mans, os de Mónaco e Munich.

Terá tamén presencia a música de cámara en tres datas moi especiais: o 22 de novembro Concerto 1700, grupo referente na interpretación historicista, con un programa con tríos de corda da Ilustración; o 27 de febreiro o Zoar Ensemble, con un arranxo propio para quinteto de vento da Suite Iberia de Albéniz e o 10 de abril o Cosmos Quartet, un dos cuartetos de corda máis significado dos últimos anos que interpretará obras de Webern, Bartok e Brahms.

Un lugar sinalado terá na tempada unha nova sección denominada Filharmonica Km. 0, na que terán cabida novos valores da música lucense, comezando o 9 de marzo cun concerto a cargo do Gañador do Concurso de Solistas do Conservartorio Prof. de Música Xoán Montes de Lugo xunto a un quinteto formado por músicos lucenses de ampla traxectoria, e un segundo concerto presentará á Banda Filharmónica de Lugo con dúas solistas lucenses.
A Banda Filharmónica de Lugo tamén celebrará o seu décimo aniversario con un concerto programado para o 2 de decembro.

Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h.

As persoas interesadas en adquirir o abono de tempada ou facerse socias da Sociedad Filarmónica pódeno facer escribindo ao correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com. As entradas para non socios, para os concertos soltos, poderanse adquirir o mesmo día da actuación nas oficinas do Círculo das Artes. Tamén haberá entradas para estudantes a prezo moi reducido e entrada de balde para menores de idade e estudantes do Conservatorio.

programa filarmonica
0.19475197792053