A Sociedade Lucense de Canaricultura prepara unha nova edición do seu tradicional concurso

LugoXa
A Sociedade Lucense de Canaricultura organiza unha nova edición do Concurso Cantor Español, que se leva celebrando dende hai xa catro décadas.
29 Dec 2023

A Sociedade Lucense de Canaricultura organiza unha nova edición do Concurso Cantor Español, que se leva celebrando dende hai xa catro décadas. O evento terá lugar do 19 ao 21 de xaneiro.

O concurso, que conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo, será no centro cívico de Fingoi. Miguel A. Martín Espada formará parte do xurado.

0.19945597648621