A Sociedade Micolóxica Lucus entregará o premio Cogomelo Lucus 2025 ao Grupo Naturalista Hábitat

A Sociedade Micolóxica Lucus entregará o premio Cogomelo Lucus 2025 ao Grupo Naturalista Hábitat, de A Coruña, nun acto enmarcado na xa tradicional Degustación de Cogomelos que organiza cada ano.
Esta cita permite aos socios participar nun evento de confraternidade e ao mesmo tempo degustar unha variada selección de pratos elaborados a base de cogomelos polo restaurante organizador.
O galardón recoñece "o imprescindible traballo a prol da natureza durante máis de 45 anos, labor plenamente e fraternalmente compartido coa Sociedade Micolóxica Lucus", segundo destacan os organizadores.
O acto contará coa presenza do alcalde de Lugo e diversas autoridades locais, subliñando a relevancia desta distinción no ámbito ambiental e cultural da cidade.