A Sociedade Micolóxica Lucus organiza unha exposición de cogomelos
O vindeiro domingo, día 5 de novembro, celebrarase a XXI Exposición de Cogomelos da Sociedade Micolóxica Lucus, na Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8- Lugo), en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas e co acto de inauguración ás 12:00 horas.
A Exposición de Cogomelos, que é xa un clásico do outono en Lugo, complementarase cunha exposición fotográfica micolóxica e con outra exposición de paneis informativos sobre os distintos hábitats micolóxicos e os asistentes poderán ademais contemplar unha presentación audiovisual informativa sobre micoloxía. Á entrada facilitararase un díptico informativo sobre a propia exposición e diversos consellos para a correcta recolla de cogomelos.
Membros da Sociedade Micolóxica Lucus atenderán durante toda a xornada as preguntas e dúbidas da cidadanía, co obxectivo de impartir unha axeitada formación micolóxica e á vez previr intoxicacións por cogomelos.
A entrada é libre e gratuíta.