A Sociedade Micolóxica Lucus presenta o número 11 da revista Micolucus

A Sociedade Micolóxica Lucus presenta o número 11 da revista Micolucus este luns 23, ás 20.00 horas na Deputación de Lugo.
A maioría dos autores dos artigos deste número presentarán á veciñanza os seus traballos científicos e divulgativos no eido de disciplinas como a micoloxía, a botánica, a ornitoloxía ou o astroturismo e de temas como a biodiversidade de zonas serpentiníticas, as orquídeas silvestres da provincia de Lugo, etc.
Micolucus é unha publicación naturalista e micolóxica, editada anualmente pola Sociedade Micolóxica Lucus que contén artigos científicos e divulgativos sobre micoloxía e diversos temas relacionados coa natureza e o medio ambiente. Así, distribúese estratexicamente en todo o territorio nacional e internacionalmente en 15 países distintos.
A Deputación de Lugo, que subvenciona a edición desta publicación, acolle no seu Pazo de San Marcos a presentación deste número, polo que a entrada será libre e gratuíta e nela entregarase un exemplar da Revista a todos os asistentes.