A Sociedade Micolóxica Lucus únese ao rexeitamento da Rolda Leste

LugoXa
A Sociedade Micolóxica Lucus únese a outras asociacións e amosa o seu rexeitamento a construción da Rolda Leste
Rolda Leste Rato
6 Abr 2023

A entidade naturalita Sociedade Micolóxica Lucus,  membro ademais do Órgano de Participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño declara a súa oposición "á construción da Rolda Leste de Lugo no trazado proxectado polo irreversible impacto que tería sobre unha das zonas máis valiosas que Lugo posúe polos seus valores naturais, medioambientais, paisaxísticos, etnográficos e culturais".

Dende a asociación delcara que "en canto aos valores naturais destruiríase para sempre unha boa parte dos magníficos e valiosos bosques autóctonos da zona e alteraría drasticamente os numerosos mananciais naturais o que desembocaría nunha forte perda de biodiversidade asociada" e enganden que se perderia "o valor etnográfico que destrución".

Tamén destacan que "a zona de influencia do val do Rato que con esta infraestrutura se estragaría para sempre, é un dos espazos con bosques autóctonos mellor conservados que posúe Lugo, en plena Reserva da Biosfera Terras do Miño".

Para finalizar a Sociedade Micolóxica Lucus informa de que "é perfectamente coñecedora da zona e da súa importancia pois leva 11 anos dando a coñecer a riqueza da zona á cidadanía, divulgando os seus importantes valores medioambientais, procurando a súa conservación e realizando labores de estudo e investigación, tendo inventariadas ata a data preto de 300 especies de fungos nesta área".

Ademais, a Sociedade Micolóxica Lucus, "realizou nesta zona do Val do Rato 43 actividades de todo tipo, algunha delas a nivel internacional, que supuxo o descubrimento dunha nova especie de fungo para a ciencia mundial (Xerocomellus poederi), o que da unha idea do inmenso valor da zona para Lugo e a súa veciñanza e por tanto da súa imprescindible conservación".

0.20426797866821