A Sociedade Ximnástica Lucense non se constituirá finalmente como club este ano

LugoXa
A Sociedade Ximnástica Lucense decidiu frear o proceso de constitución do novo club con José Bouso á fronte debido á falta de tempo.
SPORTING LUCENSE
13 Jun 2023

A Sociedade Ximnástica Lucense decidiu frear o proceso de constitución do novo club con José Bouso á fronte debido á falta de tempo para realizar todos os trámites necesarios ante a Xunta e a Federación Galega de Fútbol e á imposibilidade de rexistrarse como Sociedade Ximnástica Lucense.

A asemblea tiña decidido "facer as cousas ben e sen présas" polo que debido a estes impedimentos no seguirán por esta vía polo momento. Ademais, están á espera do que suceda tamén no CD Lugo. Polo tanto, decidiron apostar por unha nova vía de traballo, na que non entraría José Bouso "por decisión propia," e que pasa por seguir co proxecto inicial co Sporting Lucense, de Segunda Autonómica.

Unha das primeiras decisión é a de manter ese nome aínda que para outra tempada poderíase modificar. O primeiro equipamento sería o elixido para Sociedade Ximnástica Lucense (camiseta de franxas verticais brancas e negras, pantalón negro e medias negras), mentres que a actual do Sporting Lucense (azul tipo celeste e pantalón e medias azul escuro) pasaría a ser o segundo equipamento, equipamento recentemente adquirido e novo.

O primeiro equipamento levaría o escudo orixinal de Sociedade Ximnástica Lucense (o elixido por quen votou), mentres que o segundo equipamento, xa elaboradoa, levaría o escudo do Sporting Lucense.

Este novo plan de traballo trae consigo conservar as subvencións que recibe o Sporting Lucense da Xunta, Deputación e Concello, algo que o novo club creado non percibiría o primeiro ano.

O Spórting Lucense (non ten socios) esixe manter a directiva actual (presidente, secretario, tesoureiro e un vogal), concedendo a vicepresidencia (Manuel Ángel Calzón ou outra persoa) e máis vogais e outros postos, por exemplo responsable de prensa (redes sociais, páxina web).

Para facer un equipo competitivo faise necesario xerar máis ingresos, patrocinadores e socios, que neste último caso fixaríase un prezo para decidir e alcanzable ao ser libre a entrada ao campo de fútbol.

A Sociedade abriu un prazo para recibir suxestións ata o xoves ás 12 horas, para proceder de inmediato a planificar a próxima tempada coa configuración de corpo técnico, xogadores, a procura de patrocinadores, etc.

0.16778802871704