A soprano Lucía Iglesias actuará por primeira vez nos Estados Unidos como embaixadora do Teatro Real

LugoXa
A artista ofrecerá dous concertos en Nova York co programa Crescendo YAP, interpretando obras de Verdi, Puccini, Mozart e autores franceses
Lucía-Iglesias-cantante-Lugo
9 Oct 2025

A cantante de ópera lucense de 25 anos, Lucía Iglesias, anunciou que actuará por primeira vez nos Estados Unidos, onde ofrecerá dous concertos en Nova York como embaixadora internacional do Teatro Real de Madrid. O repertorio incluirá arias e dúos de Verdi, Puccini e Mozart, ademais de pezas da ópera francesa.

A artista forma parte do programa Crescendo YAP, unha iniciativa do Teatro Real que, segundo explicou, marcou “un punto de inflexión” na súa traxectoria profesional.

A intérprete destacou a ilusión que lle produce compartir esta experiencia co seu equipo e coa soprano Carmen Larios, coa que cantará por primeira vez no concerto inaugural.

A cantante amosou tamén o seu agradecemento ao equipo artístico do Teatro Real “por crer en min dende o primeiro momento” e sinalou que esta oportunidade representa un novo paso no seu crecemento internacional.

⚙ Configurar cookies
0.073664903640747