A Subdelegación de Goberno prepara as Eleccións Xerais
Nesta cita electoral poderán participar e exercer o sufraxio cerca de 337.716 persoas, sendo 7.930 os novos electores que o farán por primeira vez e 69.086 os que o poderán facer dende o estranxeiro.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deu a coñecer a planificación da Subdelegación do Goberno na provincia para as próximas Eleccións Xerais do 23 de xullo. Nesta cita electoral poderán participar e exercer o sufraxio cerca de 337.716 persoas, sendo 7.930 os novos electores que o farán por primeira vez e 69.086 os que o poderán facer dende o estranxeiro. A institución destina un orzamento de 555.833 euros aos custos derivados da loxística e a seguridade deste proceso electoral, encargándose de establecer os medios necesarios para permitir exercitar o dereito a voto e a transmisión de datos e cifras en canto a participación e escrutinio.
Nestes comicios, Lugo decidirá un total de 4 deputados e deputadas, e 4 senadores e senadoras. En total, proclamáronse 10 candidaturas ao Congreso e 9 ao Senado.
En canto a medios, na provincia haberá 533 mesas e cabinas repartidas en 400 colexios electorais. Se terá a disposición da cidadanía 1.066 urnas nas que poderán depositar o seu voto. Así mesmo, imprimíronse cerca de 3,4 millóns de papeletas para o Congreso e 340.000 para o Senado. Estas mesas estarán atendidas por 1.599 membros e por 450 representantes da Administración que se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos de participación e do reconto de voto.
Ademais, durante o día das eleccións, na Subdelegación de Lugo haberá persoal para solucionar calquera incidencia que poida xurdir en colaboración coa Xunta Electoral. Nesta liña, Isabel Rodríguez destacou o despregamento de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Policía Local para o exercicio libre do dereito ao voto, que contará cun total de 1.088 efectivos.