A subdelegada do Goberno en Lugo reuniuse cos alcaldes de Lugo, Palas de Rei e Pedrafita

LugoXa
Isabel Rodríguez puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións para axilizar os investimentos e garantir unha mellora real da conectividade na provincia
subdelegada-Goberno-alcalde-de-Lugo
10 Apr 2025

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantivo reunións cos alcaldes de Lugo, Palas de Rei e Pedrafita do Cebreiro, co obxectivo de facer seguimento dos proxectos que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar e planificar nestes municipios.

Nos encontros participou tamén o director xeral de Estradas, Ángel del Río, acompañado de persoal técnico da Dirección Xeral, quen detallaron o estado actual das actuacións en marcha e resolveron as dúbidas expostas polos representantes municipais sobre os próximos pasos en materia de infraestruturas viarias.

Durante as reunións, Isabel Rodríguez puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións para axilizar os investimentos e garantir unha mellora real da conectividade na provincia. “A mellora das infraestruturas é unha prioridade para o Goberno de España, no marco do seu compromiso coa vertebración territorial e unha mobilidade máis sostible e eficiente”, subliñou a subdelegada.

Estas reunións enmárcanse nunha estratexia de seguimento constante dos proxectos estatais no territorio lucense, co fin de avanzar na execución das obras e responder ás necesidades dos municipios en materia de comunicacións.

⚙ Configurar cookies
0.16905808448792