A subdelegada entregou no CEIP de Nadela os carnés de ciberexpertos

LugoXa
Concederon este recoñecemento a 19 nenos e nenas de 6º de primaria agradecendo aos centros de ensino o interese amosado ao solicitar estas actividades do Plan Director.
entrega carnes ciberexpertos manuel mallo nadela2
23 Xan 2024

Concederon este recoñecemento a 19 nenos e nenas de 6º de primaria agradecendo aos centros de ensino o interese amosado ao solicitar estas actividades do Plan Director. Xa son 70 alumnos e alumnas de toda a provincia os que recibiron o seu carné de ciberexperto neste curso. A previsión apunta a que este ano se supere a cifra do curso pasado, pasando a entregar máis de 340 carnés.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu hoxe ao CEIP Manuel Mallo Mallo para colaborar xunto coa Policía Nacional na entrega de carnés de Ciberexperto a escolares da provincia. A subdelegada agradeceu aos colexios o interese posto en solicitar estas actividades pertencentes ao Plan Director.

A subdelegada, acompañada do comisario provincial xefe, Luis Romera, o formador do Plan Director da Policía Nacional, Rubén Darío Veiga, e a directora do centro, María Teresa de Juan Lerma, realizaron a entrega de 19 carnés a nenos e nenas de 6º de primaria. A subdelegada felicitou a estes escolares polo seu esforzo á hora de adquirir coñecementos en materia de educación no ámbito tecnolóxico.

Isabel Rodríguez destacou que “con este programa, os alumnos e alumnas da provincia estarán máis preparados para facer fronte aos riscos de internet e saberán como proceder e actuar ante unha ameaza na rede. Tamén recalcar o esforzo disposto polo centro por permitir esta acción, o que lles permitirá ter un alumnado máis preparado, diminuíndo as condutas de risco e todas as consecuencias que se podan derivar delas”.

Así, a subdelegada puxo o valor a vontade do corpo da Policía Nacional por achegar o seu traballo a todos os sectores da sociedade e “dotar de ferramentas ás persoas para afrontar situacións de risco”.

Carnés de Ciberexperto

Esta actividade forma parte do Plan Director da Policía Nacional, que serve como ferramenta educativa para o ámbito escolar. Con este colexio, xa son 70 alumnos e alumnas de toda a provincia os que recibiron o seu carné de ciberexperto neste curso 2023/2024. A previsión é de que este ano se supere a cifra do curso pasado, pasando a entregar máis de 340 carnés nos colexios de toda a provincia.

0.19355511665344