A Tenencia de Alcaldía de Lugo respalda as reclamacións da comunidade educativa do CEIP da Ponte

A Tenencia de Alcaldía de Lugo respaldou as reclamacións da comunidade educativa do colexio da Ponte, facendo eco das preocupacións expresadas polas familias respecto á situación das instalacións do centro.
O Goberno local trasladará á Xunta de Galicia as incidencias estruturais sinaladas polas familias, ao tempo que a Concellería de Educación estudiará a viabilidade de ampliar o horario do servizo de madrugadores e madrugadoras, atendendo á solicitude da ANPA.
O servizo de madrugadores, que entrou en funcionamento no curso 2020-21 tras un importante esforzo administrativo do Goberno local, foi unha medida para mellorar a conciliación familiar, permitindo que as nenas e nenos poidan quedar no colexio antes do inicio da xornada lectiva, evitando así interferencias co horario laboral dos proxenitores.
Durante a reunión mantida entre a Concellería de Educación e os representantes das familias, tamén se discutiron outras solicitudes relacionadas coas intervencións necesarias nas instalacións do colexio. Estas demandas serán trasladadas á Xunta de Galicia para que se aborden as que correspondan á administración autonómica.
Desde a Tenencia de Alcaldía lembran que a Xunta de Galicia é a responsable das competencias en materia de educación e que, moitas veces, os concellos deben asumir a responsabilidade de prestar servizos nas escolas debido á baixa implicación da administración autonómica, o que implica un gran esforzo tanto económico como administrativo ano tras ano.
O Goberno local seguirá traballando para mellorar as condicións do colexio da Ponte e garantir a mellor atención ás familias da comunidade educativa.