A terceira edición da Ancares Cycling Marathon será o 6 de agosto
O vindeiro 6 de agosto celebrarase na comarca dos Ancares a terceira edición da proba ciclista Ancares Cycling Marathon, organizada polo Clube Ciclista Cidade de Lugo co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento, que mestura deporte e natureza, terá a súa saída en Pedrafita, e pasará polas estradas dos concellos de Becerreá, Navia de Suarna, Cervantes e As Nogais.
O ciclista italiano Claudio Chiappucci, podio no Tour de Francia e Giro de Italia, ademais de subcampeón do mundo en ruta. Collerá a remuda de Miguel Induráin, que levou o dorsal número 1 en 2022.
Tres percorridos e meta no Cebreiro
A proba ofrece tres itinerarios, con distintas distancias e niveis de dificultade para facilitar a participación de persoas afeccionadas ao ciclismo de todas as idades e condicións físicas.
- Gran Fondo, de 128 quilómetros. Paso polos altos de Sete Carballos, A Pintinidoira, Vilasol e chegada no alto do Cebreiro.
- Medio Fondo, de 100 quilómetros. Paso polos altos de A Pintinidoira, Vilasol e chegada no alto do Cebreiro.
- Mini Fondo, de 48 quilómetros. Paso polo alto de Vilasol e chegada no alto do Cebreiro.
O ex-ciclista Ezequiel Mosquera, responsable da organización, sinalou que “xa se fala destas cotas en todas os foros ciclistas” e lembrou que “calquera dos portos pasa dos dez quilómetros polo que será importante regular esforzos para chegar en condicións á meta". Pepe Seijas, presidente del club Cidade de Lugo e tamén parte da organización, subliñou “a unión entre deporte, cultura e turismo” que propicia unha proba así.
Nesa liña, fíxose fincapé na convivencia entre ciclistas e peregrinos como un das imaxes máis icónicas da proba, que na última edición reuníu 500 participantes e que foi seguida a pé de estrada pola veciñanza da comarca.
As inscricións poden realizarse na web do evento.