A Tinería prepárase para a cuarta edición da súa festa, que será este sábado

LugoXa
O festexo desenvolverase de 12.00 a 00.00 horas e inclúe actividades para todos os públicos
festas-a-tineria-lugo
3 Jun 2025

A Delegación Territorial da Xunta acolleu a presentación da IV Festa do barrio da Tinería, en Lugo, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de xuño co apoio do Goberno galego. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, e representantes da asociación de empresarios da Tinería, Itineris, organizadora do evento.

O festexo desenvolverase de 12.00 a 00.00 horas e inclúe actividades para todos os públicos. A música terá un papel protagonista, coas actuacións en directo de Lola de Simón & The Swing Peaks e Gin Toni’s. Tamén haberá sesións de DJs con Aloe Perra e Celex (Facela Fest) e un divertido Karaoke con Esteban. A Tinería recibirá ademais a visita da Lilicleta, un antiguo triciclo de reparto de leite transformado nunha discoteca a pedais que foi xa todo un éxito durante a primeira Festa da Primavera que se celebrou no barrio no pasado mes de abril.

A cuarta edición da Festa da Tinería ofrecerá tamén distintos obradoiros, abertos ao público, no que os participantes poderán aprender a facer figuras de papel maché e a elaborar follas de coiro da man de Marga Portomeñe e Tres Caracoles.

Nas rúas Tinería e Miño instalarase un mercadiño de artesanía e o festexo contará ademais con postos de comida nos que se poderán adquirir bocadillos e xeados artesáns.

O delegado territorial felicitou á asociación Itineris polo seu “traballo constante para dinamizar e poñer en valor un barrio emblemático da cidade como é a Tinería” e destacou as “propostas lúdicas que deseñan e que supoñen un importante impulso para a zona, atraendo a numerosos lucenses e visitantes”. Lembrou ademais que estas accións se suman ao “compromiso da Xunta coa rehabilitación urbanística e a recuperación económica, social e cultural do barrio”.

⚙ Configurar cookies
0.52447080612183