A tormenta anega Lugo en minutos

LugoXa
A auga, o graínzo e a tormenta eléctrica sorprenden á cidade de Lugo asolagando as principais rúas en poucos minutos
Tormenta Lugo Leite Rio CEAO
4 Jun 2022

Unha gran tromba de auga asolagou hoxe a cidade de Lugo. En torno ás 17.00 horas daba comezo unha gran tormenta que se acompañou, por momentos, de pedrazo en certas zonas da cidade. En poucos minutos, varios puntos que tenden a ser conflitivos nestes casos víronse anegados.

Camiñantes intentaron resgardarse da auga onde podían, mentres que os vehículos intentaban saír das zonas onde a auga se acumulaba. Estas acumulacións produciron o caos do tráfico na Infanta Elena á altura dos centros comerciais, na calzada das Gándaras ou mesmo no Ceao onde a auga chegou, por momentos, por riba dos nocellos.

No caso da Infanta Elena, numerosos vehículos víronse na obriga de cruzar a mediana para dar a volta pola imposibilidade de chegar á rotonda 20N.

En outro lado da cidade, na zona centro, as asociacións do Arde Lucus traballaban arreo para montar os diferentes campamentos. Un traballo que tamén se viu interrompido pola auga que, nalgúns casos, estragou parte dos avances que levaban feitos.

A Axencia Galega de Meteoroloxía tiña activada alerta amarela por choivas e tormenta para Lugo, especialmente na zona centro e sur.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1797981262207