A tormenta volve deixar incidencias en Lugo

LugoXa
Os Servizos de Extinción de Incendios tiveron que actuar en numerosos puntos da cidade que rexistraron problemas coas árbores.
Bombeiros Lugo tormenta
16 Xuño 2022

Lugo volveu rexistrar unha treboada con fortes ventos e gran cantidade de auga en poucos minutos.

A tormenta volveu asolar Lugo a pasada noite, deixando decenas de incidencias en toda a cidade. O Servizo de Extinción de Incendios tivo que realizar varias intervencións, todas elas relacionadas con cortar pólas de árbores.

Foron incidencias de pouca importancia que non ocasionaron nin danos materiais nin feridos e que se rexistraron, entre outras localizacións, na Avenida Infanta Elena, en Camiño da Roca, na estrada de Meira na saída da Fervedoira, na zona de Conturiz, na estrada que vai de Santa Comba ao Páramo, en Barbaín, na estrada de Ombreiro e en Fingoi.

Como consecuencia da treboada non se produciron anegamentos, tan só se levantou unha tapa de rexistro na Avenida Infanta Elena.

Por outra parte, os servizos de limpeza están dende primeira hora aseando de xeito integral todas as rúas da cidade para retirar as follas, papeles, así como o resto de residuos e de area que removeron os fortes ventos rexistrados.

bombeiros treboada lugo
0.08341121673584