A Tradescola celebra o seu concerto de fin de curso con música e baile tradicional

LugoXa
A cita será o mércores 18 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
Alumnado-Tradescola-foto-de-Martín-Blanes
16 Jun 2025

A Tradescola de Música Tradicional despedirá o curso cun concerto moi especial protagonizado polo seu alumnado adulto.

A cita será o mércores 18 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, con entrada libre para todas as persoas asistentes.

O espectáculo, que combinará música, canto e baile tradicional, servirá para pechar un intenso ano académico e celebrar os logros do alumnado nun ambiente festivo e cheo de cultura galega.

Dende a organización convidan a toda a cidadanía a gozar deste evento que pon en valor a riqueza do patrimonio inmaterial a través do traballo realizado na Tradescola ao longo do curso.

⚙ Configurar cookies
0.174635887146