A Tradescola impartirá unha xornada de música tradicional para escolares no Courel

LugoXa | RibeiraSacraXa
O concerto estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros, Roberto Rodríguez, Jose Manuel López e Xabier Iglesias
Tradescola-en-colexio
21 May 2025

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, realizará esta mañá de mécores, 21 de maio, unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia.

Concretamente, achegarase ata o CPI Poeta Uxío Novoneyra en Seoane do Courel ás 11.00 horas para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares.

O concerto estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros, Roberto Rodríguez, Jose Manuel López e Xabier Iglesias e nel amosaránselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

⚙ Configurar cookies
0.15793299674988