A Tradescola inaugura en Lugo un ciclo de concertos para homenaxear a Luísa Villalta
LugoXa
A Tradescola pon en marcha o ciclo Sons de Maio para Luísa Villalta con actuacións das aulas de música e baile tradicional na Praza de San Marcos
Actuación da Tradescola en Lugo
19 Maio 2024
A Tradescola pon en marcha o ciclo Sons de Maio para Luísa Villalta con actuacións das aulas de música e baile tradicional na Praza de San Marcos de Lugo, no marco da celebración das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Luísa Villalta. Trátase dunha serie de concertos nos que gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado polo alumnado e profesorado da Tradescola.
Nas citas, que comezan o día 20 non faltarán gaitas, zanfonas, percusións, acordeóns, cantareiras e, por suposto, bailadores e bailadoras. Esta actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.