A Tradescola mantén aberto a matrícula para as aulas de música e baile tradicional
A Tradescola mantén aberta estos días a matrícula para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, acordeón diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.
A Tradescola, o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo incorpora para o vindeiro curso a materia de acordeón diatónico, que será impartida polo mestre Alberte Núñez Martínez.
A Tradescola conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música e do baile tradicional. A maiores de Alberte Núñez, encargado das aulas de acordeón e acordeón diatónico, os mestres e mestras implicados no proxecto educativo da Tradescola son: Bruno Villamor (aulas de gaita e requinta), Lucía Eiros (aulas de linguaxe musical), Xabier Iglesias (aulas de baile tradicional e de iniciación á música e o baile tradicional para nenos), Jose Manuel López (aulas de gaita), Branca Villares( aulas de canto e pandeireta e pandeira), Roberto Rodríguez (aulas de canto e pandeireta), Germán Díaz (aulas de zanfona) e Miguel Anxo López Buján (aulas de percusión tradicional).
A matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas ata o 17 de setembro nos seus locais na rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo no centro Lug2 ou no teléfono 982 229 966.