A Tradescola organiza o ciclo de audicións 'Sons de Maio arredor da tradición oral' polas Letras Galegas

LugoXa
"Esta nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo"
Sons-de-maio-da-Tradescola
11 May 2025

A Tradescola organiza o ciclo 'Sons de Maio arredor da tradición oral' con actuacións na Praza da Soidade de Lugo das aulas de música, canto e baile tradicional da Tradescola.

Polo Día das Letras Galegas, a Tradescola ofrecerá distintas audicións a partir do luns 12, no que a partir das 18.00 horas será a banda de gaitas e percusión da Tradescola a que ofrecerá un repertorio de música tradicional. Pola súa parte, a partir das 20.00 horas, as escolas de canto e pandeireta da Tradescola serán as encargadas de facer soar os Sons de Maio na Praza da Soidade.

O martes día 13, os encargados do sons serán os alumnos e profesores de canto e pandeireta, pandeira e baile tradicional, que ofrecerán a súa actuación a partir das 19.30 horas.

O mércores soarán as gaitas, acordeóns e a percusión tradicional, tamén as 19.30 horas, e o xoves pecharemos este ciclo de audicións co alumnado de zanfona da Tradescola.

"Esta nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo. Con estos concertos, a Tradescola quere sumarse ós distintos actos en homenaxe as nosas cantareiras e a nosa tradición oral, no día das nosas letras, e nos mesmos, poderemos gozar de numeroso repertorio tradicional, interpretado pol@s alumn@s e mestres da Tradescola onde non faltarán gaitas, zanfonas, requintas, percusións, acordeóns, cantareir@s e por suposto bailadores e bailadoras", sostiveron.

⚙ Configurar cookies
0.15572595596313