A Tradescola organiza unha xornada sobre as cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas

LugoXa
A xornada inclúe dous obradoiros nos que se afondará nos cantares e na narrativa das mulleres recoñecidas nesta edición do Día das Letras Galegas
Tradescola-na-Centrad-de-Lugo
29 Mar 2025

A Tradescola, escola de música e baile tradicional galego xestionada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, organiza esta tarde de sábado unha xornada especial no Centrad centrada nas cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas deste ano 2025.

A xornada inclúe dous obradoiros nos que se afondará nos cantares e na narrativa das mulleres recoñecidas nesta edición do Día das Letras Galegas.

Todo comezará ás 16.00 horas co Obradoiro de canto e pandeireta: Agranzón, Mens e A Vila da Igrexa, cun percorrido polo repertorio de canto e pandeireta de Eva Castiñeira, Rosa e Adolfina Casás e as Pandeireteiras de Mens, figuras homenaxeadas este ano. O obradoiro será impartido por Roberto Rodríguez.

Pola súa parte, terá lugar ás 18.00 horas un Obradoiro de oralidade destinado a aprender dos saberes das mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025, traballando os seus cantares e afondando na súa narrativa. A encargada de impartilo será Branca Villares.

⚙ Configurar cookies
0.14465308189392