A tradición das pezas dos centros alfareiros da provincia centra unha conferencia en Lugo
LugoXa
O Vello Cárcere de Lugo acolle unha conferencia sobre as principais características e diferencias das pezas producidas nos centros alfareiros de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós.
25 Abr 2024
O Vello Cárcere de Lugo acolle unha conferencia sobre as principais características e diferencias das pezas producidas nos centros alfareiros de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós. A cita será este xoves a partir das 18.00 horas e contará coa participación da Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira.
A importancia de diferenciar as pezas que foron elaboradas dentro dos catro principais centros produtores de Lugo é fundamental para poder entender e identificar cada a produción propia de cada un deles e clave tamén para entender o modo de vida da sociedade que as emprebaba.