A tradicional andaina de Friol adiántase ao día 21

LugoXa | TerraChaXa
Poden apuntarse ata o martes 17 de setembro, nas oficinas do Concello ou na circular que se enviou dende o centro educativo
andaina-friol
14 sep 2024

O Concello de Friol organiza, en colaboración co CPI Doutor López Suárez, como vén facendo dende hai anos, a andaina popular na que poden participar todas as persoas que estean interesadas e que terá lugar o sábado 21 de setembro.

En edicións anteriores participaron dende bebés ata persoas de idade avanzada, familias completas, grupos de amigos, persoas en solitario, etc.

Poden apuntarse ata o martes 17 de setembro, nas oficinas do Concello ou na circular que se enviou dende o centro educativo.

A saída será dende a Casa do Concello ás 11:00 horas.

Será unha mañá diferente á rutina de todos os días, na que poden participar todos e todas aqueles que lles apeteza, e na que desfrutarán da paisaxe do municipio, da compañía doutros camiñantes e de diferentes visitas que se farán durante este paseo.

0.11814999580383