A UNED de Lugo celebra alcanzar o maior número de matriculados da última década
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Lugo celebra un fito histórico ao alcanzar o maior número de matriculados da última década. Este impresionante crecemento sitúa á UNED de Lugo á cabeza do campus noroeste, reafirmando o seu compromiso coa educación accesible e de calidade.
Ademais, a UNED de Lugo informa que o prazo de matrícula se amplía ata o 5 de novembro. Con esta decisión, "invitamos a todos aqueles que queren continuar a súa formación ou iniciar unha nova etapa académica a coñecer as oportunidades que ofrecemos".
A UNED, como universidade que une, ofrece unha ampla variedade de graos, mestrados, micrograos, cursos de acceso e programas de extensión universitaria. Con esta diversidade, cada estudante pode atopar a opción que mellor se adapte ás súas necesidades e obxectivos profesionais.
"Animamos a toda a comunidade a sumarse a esta experiencia educativa única e a formar parte da universidade que transforma vidas", sostiveron desde a entidade.